CRTVG

Buscar

O País Vasco desbota o confinamento "a curto e medio prazo"

Publicado o 02/08/2020 15:18

As medidas para loitar contra os novos gromos difiren segundo a comunidade autonóma. Hoxe soubemos que no País Vasco descartan un confinamento a curto e a medio prazo. Alí son outras as medidas restritivas para controlar as repuntas que barallan. 

O número de casos preocupa as autoridades no País Vasco, aínda que, polo de agora, se desbota o confinamento a medio ou curto prazo. Iso si, increméntanse as medidas de protección e vixilancia. As autoridades confían en que nos próximos días se produza un retroceso, ante as medidas que se están a implementar.

Noticias web

02/08/2020