CRTVG

Buscar

O pai de Marta Calvo vaise presentar como acusación particular

Publicado o 11/12/2019 14:34

Segue a busca de Marta Calvo nos arredores da localidade valenciana de Manuel, onde se lle perdeu a pista o pasado sete de novembro.

O pai da muller decidiu presentarse como acusación particular contra o suposto autor da súa morte.

Tanto a familia paterna como a materna están convencidos de que Jorge Ignacio non lles contou a verdade aos axentes da Garda Civil aos que lles dixo que Marta morrera de xeito accidental, que despezara o seu corpo e que o botara en varios colectores de lixo.

Noticias web

11/12/2019