CRTVG

Buscar

O paciente con coronavirus da Gomera evoluciona favorablemente

Publicado o 03/02/2020 15:13

Corentenas e desinfeccións repítense en todos os países, tamén en España. Están a desinfectar como medida preventiva o avión que trasladou británicos e españois desde Wuhan a semana pasada, malia que ningún deles deu ata o de agora síntomas de estar contaxiado.

O Sindicato Unificado de Policías pediu unha reunión urxente co director xeral do corpo para que doten de todo o material de protección os axentes que traballan en postos fronteirizos.

E na Gomera vanlle facer novas análises ao turista alemán que chegou contaxiado e que está hospitalizado. 

"Se as análises confirmasen que xa non ten o virus, veriamos de darlle a alta, en contacto con Madrid, porque esa persoa xa non estaría infectada e non tería risco de transmisión, porque xa non tería o virus no seu organismo", di o xefe de Epidemioloxía do Servizo Canario da Saúde.

Noticias web

03/02/2020