CRTVG

Buscar

O Oviedo gaña en Albacete e sae do descenso

Publicado o 13/10/2019 21:03

Había que celebralo e así o fixeron. O Oviedo saiu de posicións de descenso oito xornadas despois. Fixoo en Albacete logo dunha espectacular segunda parte. Porque pola primeira pasou sen ruído e mesmo acabouna por debaixo tras ese centro de Susaeta e esa cabezada de Ojeda.

Os cambios de Rozado, no intermedio, déronlle outro aire o Oviedo. Pasou a dominar, a poñer as ocasións e os goles. O empate foi de Sangalli -cun interesante cambio de perna- a falta dun cuarto de hora. E o 1-2, co Albacete noqueado, no 88 grazas un golpeo fantástico de Borja Sánchez. Así pechou o partido e a remontada o Oviedo.

Estamos agora en Huesca, alí ao Rácing de Santander fuxiulle o triunfo no engadido. Os cántabros mandaban tras esta xogada entre Cejudo e Yoda. Con pase final de Yoda e golpeo excelente de Cejudo. Minuto 67. Pero cando pasaban cinco dos 90, o Huesca encontrou o empate nun balón frontal que acabou por chegar a Pulido e que aproveitou Ivi Sánchez. Non estivo coa tensión axeitada a defensa do Rácing, que segue sen gañar a domicilio.

Por arriba, festexou un importante triunfo o Zaragoza, que lle serve pra poñer fin a unha seca de seis xornadas. Foron de menos a máis. Na segunda parte mesmo fallaron un penalti e lograron o seu gol a dez da conclusión. Pase deDelmás e gol de Eguaras. O Zaragoza revitaliza as súas opciós de ascenso e curta a xeira de oito tiradas sen perder do Numancia.

Noticias web

13/10/2019