CRTVG

Buscar

O outono comeza con frío de orixe polar

Publicado o 23/09/2020 15:50

Confírmase que este ano se puxeron de acordo o outono astronómico e o meteorolóxico. Todo coincide co que se agarda da nova estación: chove, hai menos luz e comeza a refrescar. Así que os avisos de frío para estes días non collen por sorpresa.

Un frío que notaremos máis o venres, coa chegada dunha masa de aire de orixe polar e polo vento do norte. Pero que non asuste a palabra polar, porque se prevé que as temperaturas máximas máis baixas sexan os 17 graos de Lugo e os 18 da Coruña e Santiago.

Ante esta previsión, hai que decidir se chegou o momento de sacar a roupa de abrigo ou aínda é cedo.

Quizais conveña agardar a que avance o outono antes de facer cambios no armario, porque os meteorólogos prevén que este episodio polar non vai durar moito e que a semana que vén volverá a influencia anticiclónica.

 

Noticias web

23/09/2020