CRTVG

Buscar

O opositor ruso Alexei Navalny sae do coma inducido

Publicado o 08/09/2020 09:08

O opositor Alexei Navalny saíu do coma inducido en que se encontraba na clínica de Berlín á que foi trasladado despois de sufrir un envelenamento en Rusia.

Navalny reacciona cando se lle fala, pero non se pode descartar aínda que lle queden secuelas graves.
O caso abriu un conflito nas relacións entre Berlín e Moscova que podería afectar á construción do gasoduto que debe levar gas directamente desde Rusia a Alemaña.

Noticias web

08/09/2020