CRTVG

Buscar

O oleoturismo turismo xorde en Quiroga

Publicado o 05/11/2019 14:40

A muller de Manuel chega dicindo que xa están as olivas para recoller. Imos canda el no coche ata as oliveiras. Chama a atención ver ao pé das oliveiras verzas e tomates, e tamén unha amendoeira.

Este tipo de cousas son as que lles explica Manuel aos grupos de xente que se achegan ata a súa casa para coñecer máis a fondo o mundo da oliva, un cultivo que medra apostando pola calidade.

Malia que este outono non está habendo unha boa colleita, cada ano a produción de olivas vai medrando. Por iso se están abrindo portas ao oleoturismo.

A maioría dos produtores da zona criáronse na cultura do aceite de oliva, polo que apenas tiveron que mudar algúns parámetros para mellorar a calidade e facer do aceite destas oliveiras un dos dez mellores do mundo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019