O Obradoiro visita a díficil pista do Tenerife
Publicado o 04/12/2020 21:55
Baloncesto. Mañá na Liga ACB o Obradoiro visita a cancha do Tenerife. Será unha cancha complicada, ninguén gañou esta temporada no Santiago Martín. Á condición de invictos como locais hai que sumarlles a posición na táboa, os de Txus Vidorreta son segundos con 10 vitorias e tan só unha derrota, só están por detrás do Real Madrid. O Obradoiro intentará lograr a súa sexta victoria. Os de Moncho Fernández terán que prestar especial atención os seus bases Bruno e Marcelinho.
Máis sobre actualidade
26/01/2021 00:03