CRTVG

Buscar

O Obradoiro suma a quinta vitoria e afástase do descenso

Publicado o 08/12/2019 19:19
O Obradoiro suma a quinta vitoria e afástase do descenso

O Obradoiro toma posicións na zona intermedia da táboa a costa dun Betis que mantén as súas urxencias. Os composteláns, impecables na posta en escea grazas ao acerto de Magee e Calloway dende a liña de tres puntos, esmeráronse no traballo defensivo cando as circunstancias o esixiron.

"Despois dun inicio bo, permitimos que o Betis volvera ao partido. O inicio do terceiro cuarto foi terrible pero a partir de aí o partido é noso. Tivemos paciencia e acerto para marcar", explicou Moncho Fernández.

Porque o Betis amagou cunha remonta. Os de Curro Segura pecharon o segundo parcial cunha vantaxe de nove puntos que os santiagueses, desconcertados durante uns minutos, acabaron revertendo previa intervención de Moncho Fernández.

"Perdemos o camiño que estabamos levando e que era bo. Durante moitos minutos estaban onde queriamos. Puxémonos nerviosos cando quedaban moitos minutos. Démoslles vantaxe que foi imposible remontar", asegurou o técnico do Betis. 

O Obradoiro medrou en sensacións especialmente no último cuarto. Axudaron, iso si, as actuacións de David Navarro e de Maxime de Zeeuw. Liderado por Calloway con 17 puntos e Magee con 13, o Obradoiro consumou a quinta vitoria temporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/12/2019