CRTVG

Buscar

O Obradoiro recoñece a súa frustración

Publicado o 24/04/2019 20:22

O Obradoiro atravesa un momento delicado. Gañou un dos últimos sete partidos. Na última xornada caeu na casa diante do Fuenlabrada logo de gozar dunha vantaxe de 21 puntos a 1 minuto do descanso. Os xogadores amosan a súa frustración.

"Doe que competindo tantos días nos escapen partidos no último segundo, ou na última xogada ou por unha canastra", di Llovet, un dos veteranos.

Esta fin de semana toca visita a Guipúscoa, un rival da zona baixa da clasificación pero que está no mellor momento da temporada, a receita dos santiagueses non pode ser máis sinxela: defensa.

"Temos moitos minutos de moi boa defensa, pero ao mellor poucos minutos en que nos meten parciais. Entón hai que limitar eses erros para darmos ese pasiño porque, repetimos, ao final o outro día, unha canastra que metes que fallaches ou que eles fallen que meteron e estamos a falar doutra cousa", apunta o pivote catalán.

Noticias web

24/04/2019