CRTVG

Buscar

O Obradoiro pecha o cadro coa fichaxe de Jake Cohen

Publicado o 29/07/2020 22:27

En baloncesto, o Obradoiro pecha o cadro co home chamado a ser o referente este ano.

Trátase de Jake Cohen, pivote de 29 anos e 2,08 de altura, procede do Maccabi de Tel Aviv. Cohen, nado en Pennsilvania e internacional con Israel, proclamouse campión das últimas tres ligas co conxunto macabeo. Na última temporada promediou 10 puntos e 4,7 rebotes por partido. O Obradoiro agarda moito del no xogo interior onde se pode mover tanto de costas como de cara ao aro.

Noticias web

29/07/2020