CRTVG

Buscar

O Obradoiro non puido superar no Sar a un Real Madrid superior (61-81)

Publicado o 22/09/2018 15:26

O Real Madrid e o Kirolbet Baskonia enfrontaranse este sábado na final da Supercopa de baloncesto, tras gañar respectivamente ao Monbus Obradoiro (61-81) e ao FC Barcelona (76-79). 

Tanto para madridistas como para baskonistas esta será a oportunidade de conseguir o seu quinto título de Supercopa, unha competición na que o Barcelona xa logrou seis trofeos.

O adestrador do Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, recoñeceu tras perder a semifinal contra o R. Madrid que o equipo blanco "pasoulles por enriba", sobre todo nun terceiro cuarto decisivo. Os santiagueses non baixaron a garda ante o que se considera o mellor equipo de Europa, tanto pola súa calidade individual coma polo seu xogo de equipo.

A final vaise disputar esta tarde,a partir das 19:15h en Santiago de Compostela, sede desta edición da Supercopa de baloncesto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/09/2018