CRTVG

Buscar

O Obradoiro estrea a pretemporada con vitoria

Publicado o 04/09/2020 21:33

Vitoria do Obradoiro no primeiro amigable da pretemporada. Derrotou ao Guipúskoa Basket por 92 a 86. Partido igualado e axustado que rematou con empate a 77 e que tivo que decidirse na prórroga. No tempo extra o maior acerto do Obradoiro decantou o resultado a favor dos de Moncho Fernández. O encontro supuxo a estrea coa camiseta santiaguesa dalgúns dos protagonistas do novo proxecto. A mala nova foi a lesión do base turco Kartal Ozmizrak, unha das fichaxes desta temporada. Sufriu unha torcedura no nocello.
 

Noticias web

04/09/2020