CRTVG

Buscar

O Obradoiro confía nas súas posibilidades ante a última xornada de ACB

Publicado o 23/05/2019 17:28

Última xornada da ACB. Só hai unha posibilidade de descenso para o Obradoiro. Un escenario.
Que o Obradoiro perda co Barcelona e que gañe o Guipúscoa ao Real Madrid e ao Estudiantes en Badalona. Con outros resultados, o Obradoiro mantense en ACB.

O resultado de Badalona favorece en principio o Obradoiro. O Joventut caeu onte co Baskonia e necesita o triunfo ante o Estudiantes para disputar o play-off polo título.

No Obradoiro traballan nunha despedida agradable co Barcelona no Sar como premio á fidelidade dos seus afeccionados, pero sabendo que o Barcelona é un equipo moi poderoso.



 

Noticias web

23/05/2019