CRTVG

Buscar

O Obra gaña ante o Unicaja nun final apretado e o Breo perde co Valencia

Publicado o 21/01/2019 13:43
Composteláns e lugueses rematan a primeira volta fóra dos postos de descenso
O Obra gaña ante o Unicaja nun final apretado e o Breo perde co Valencia

O partido no Sar comezou con certo relaxo defensivo, e cun Vasileiadis moi inspirado. Tanto que ata lle entraban canastras imposibles como a que anotou ao final do primeiro cuarto. O Unicaja parecía dominar pero non acababa de abrir unha vantaxe que fose definitiva.
Á volta dos vestiarios os de Moncho Fernández trataron de apertar, pero os de Málaga seguían mantendo pequenas rendas no marcador. "Creo que nun partido tan igualado foi definitivo o paso adiante defensivo no último cuarto", explicaba o adestrador compostelán ao rematar o partido.

E con ese paso adiante, dous roubos de Kostas facilitaron canastras ao contrataaque definitivas para que o Obra collera vantaxe. E nestas que tamén apareceu Brodzianzky para sumar desde o poste baixo. 37 puntos entre os dous e igualados con 25 de valoración no MVP da xornada.
O final foi para sufrir. Estivo nas mans de Brian Roberts, pero esta non lle entrou.

O Breo saíu moi metido no partido ante un rival tan complicado como é o Valencia. Co Pazo apertando e dun Alec Brown moi inspirado os de Lezkano mantiñan a raia os de Ponsarnau. Ao descanso cinco de vantaxe para eles. "O inicio do terceiro cuarto marcou o partido. Eles comezaron moi metidos", lamentaba Lezkano cando compareceu ante os medios.

Moi metidos e con todo o acerto que non tiveron os exteriores do Breo. Matt Thomas e Doornekamp castigaron os aros unha e outra vez para irse no marcador ata superar os 20 puntos de vantaxe. E aínda que se intentou a remonta, a distancia xa era inalcanzable.
Malia todo, o Breo acaba a primeira volta cunha vitoria por enriba dos postos de descenso.
A xornada consolidou o liderado do Barça e o premio gordo para a Penya e o Estudiantes que conseguiron billete para a Copa do Rei.
 

Noticias web

21/01/2019