CRTVG

Buscar

O número de viaxeiros en Galicia crece un 7% en setembro

Publicado o 24/10/2019 15:41

Setembro de récord no turismo galego. O número de viaxeiros medrou máis dun 7% e superouse o millón de pernoitas.

Son datos moi positivos, de feito, segundo apunta o Instituto Nacional de Estatística, no mes de setembro Galicia foi a comunidade en que máis medrou a demanda hoteleira e a cifra de viaxeiros, especialmente os turistas internacionais, un 15% máis que o ano pasado. Estas boas cifras espállanse polas catro provincias galegas, en todas elas medrou a demanda hoteleira. Aquí en Pontevedra o incremento foi dun 5%. Ourense é outro dos lugares que pode presumir de bos datos xa que o número de viaxeiros non deixa de medrar.

Os datos do INE constatan que dende o mes de xuño na provincia de Ourense houbo cifras de récord en canto a turismo.

Nunca houbo tantos turistas no verán en Ourense coma este ano: 146.000, dez mil máis que no 2018. Aquí aumentaron tamén as pernoitas e o tempo medio de estancia.

Din que de Ourense atrae sobre todo a Ribeira Sacra e o termalismo, pero tamén o Patrimonio, o enoturismo, a gastronomía e moitos outros alicientes.

O trece por cento dos turistas que chegaron a Ourense son estranxeiros, o 51 por cento galegos e o resto doutras comunidades como Madrid, Castela e León ou Asturias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019