CRTVG

Buscar

O número de opositores aumenta pola crise derivada da pandemia

Publicado o 25/09/2020 15:47

Conseguir un emprego no sector público é hoxe o obxectivo de moitos traballadores afectados polas consecuencias económicas da pandemia.

As academias galegas están a notar unha notable repunta no número de estudantes que preparan oposicións. Un incremento no número de opositores que moitas academias cifran xa en arredor dun 20% e atribúeno a varios factores.

En primeiro lugar a que se espera un aumento na oferta de emprego público.

En segundo lugar cren que é unha consecuencia da pandemia porque hai máis persoas en situación de desemprego, con ERTE, que dispoñen de máis tempo libre ou que simplemente deciden darlle un cambio de rumbo ás súas vidas profesionais.

Pupitres baleiros, pero récord de asistencia a esta aula de socioloxía para as oposicións ao Corpo Nacional de Policía.

"O profesor está explicando, ten o seu encerado, comparte a materia que quere explicar e o alumno está tranquilamente na súa casa. Abren micor para falar con el, consultan dúbidas, hai titorías...", exlica Eugenia Cuíñas, responsable de Atención ao Cliente da Academia Adams.

Nesta academia de Ourense as clases on line para preparar oposición convertéronse no produto estrela. E bateron tamén marcas na incrición, algo que atribúen á incerteza que aflorou durante o estado de alarma.

"Vían que os traballos estaban moi inestables, que podían continuar ou non. Moita xente en ERTE, entón esta xente pensou en facer oposición para poder rematar con esa precaridade enon ter esa preocupación nunca máis".  "Ante a incertidume laboral, a saída de funcionario é importante, é unha opción de futuro moi válida", explican os responsables das academias.

Nesta outra academia, a oferta de estritas medidas de seguridade e hixiene e os espazos amplos é o que máis está atraendo aos opositores.

A expectativa de que aumente a oferta de emprego público alimenta a esperanza dos traballadores golpeados pola crise e devolve a vida ás academais, un sector, o do ensino privado, no que abunda o autoemprego, e que os pasados meses se resentiu, especialmente as clases de apoio ao ensino regrado.

Noticias web

25/09/2020