CRTVG

Buscar

O número de desaloxados polo incendio de Huelva ascende a máis de 3.100 persoas

Publicado o 30/08/2020 21:36

Por cuarto día consecutivo os equipos de extinción traballan arreo no incendio que se orixinou en Almonaster, na provincia de Huelva. O número de desaloxos ascendeu nas últimas horas a máis de 3.100 persoas.

Arestora o lume continúa activo, xa superou as dez mil hectáreas o que o converte no máis devastador dos últimos anos en Andalucía. Hai 350 efectivos sobre o terreo, e unha trintena de medios aéreos que atopan moitas dificultades por mor da orografía, así como pola presenza de forte vento.

 

Noticias web

30/08/2020