CRTVG

Buscar

Os casos activos en Galicia son semellantes aos de marzo, pero é a mesma situación?

Publicado o 20/08/2020 20:58

Os casos activos están subindo no conxunto de Galicia, pero a situación é distinta a de marzo, abril ou maio. Agora mesmo non hai a saturación hospitalaria que había daquela.

Hoxe Galicia chegou aos 1.783 casos activos. Pero deles, o 96% son persoas que poden estar na casa, e só o 4% restante teñen que estar en ingresados en hospitais.

Retrocedendo a unha data cunha cifra similar de casos activos, o 26 de marzo,  daquela había 1.832 casos activos, pero naquela ocasión os hospitalizados eran moitos máis en propoción: eran un 32% do total. Ou sexa, que case un de cada tres positivos quedaba ingresado. O 68% restante estaban na casa.

A que se debe isto? A que hai máis cribados, estanse facendo máis tests e detéctanse máis casos asintomáticos ou con síntomas leves.

Con todo, non hai que baixar a garda e para evitar que a cousa vaia a máis as autoridades sanitarias insisten: hai que seguir coas normas de prevención.

Noticias web

20/08/2020