CRTVG

Buscar

O Nápoles quere unha opción de compra do Celta por Amin Younes

Publicado o 30/01/2019 17:17

O Celta está tratando de concretar a fichaxe do dianteiro alemán Amin Younes. Pero está difícil. Hai un problema. O Napoles non quere que sexa unha cesión. Quere unha opción de compra por parte do Celta.

Younes ten 25 anos. Hai dúas temporadas, cando militaba no Ajax, marcoulle dous goles ao Celta na fase de grupos da Europa League. Internacional con Alemaña, antes de recalar no Ajax xogou no Borussia Mönchengladbach e no Kaiserslautern. Este verán fichou polo Nápoles, pero unha lesión no tendón de Aquiles mantívoo de baixa ata este mes de decembro. Só leva disputados dous partidos. Entre Napoles e Celta non hai acordo nestes momentos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/01/2019