CRTVG

Buscar

O Museo do Pobo Galego inaugura as novas salas de exposicións

Publicado o 01/03/2021 21:09

O Museo do Pobo Galego multiplícase por dous. Tres millóns e medio de euros en obras sufragados polo Goberno, a Xunta e o concello de Santiago fixéronno posible. 1.600 metros cadrados máis de salas para o que é cabeceira simbólica da rede galega de museos.

"Unha rede en que este museo vai seguir sendo a cabeceira simbólica. Podemos dicir que todos os museos de Galicia beben desta fonte limpa que é o Museo do Pobo Galego e seguirán bebendo deste xeito", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

A ampliación vai facer posible abrir salas de exposicións sobre historia de Galicia 45 anos despois da fundación do Museo do Pobo Galego.

"O museo vai case duplicar a súa superficie útil e vai poder completar o seu programa museográfico que xa o tiña desde un principio pero que nunca puido facelo e que é o das salas da historia de Galicia", afirma Xusto Beramendi, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego.

O profesor Beramendi di que o museo ten contedor pero aínda ha facer falta financiamento para encher todas as salas de historia deste, case novo, Museo do Pobo.

Noticias web

01/03/2021