CRTVG

Buscar

O Museo de Pontevedra expón un díptico procedente do espolio nazi antes da súa devolución

Publicado o 25/02/2021 22:09

A historia desta exposición temporal cabe nunha novela. Só restan uns detalles mínimos para confirmar que este díptico do século XVI é o que os nazis roubaron da colección da Princesa Czartoryski, unha das máis importantes de Europa, en 1944. Este botín de guerra chegou ao Museo pontevedrés como parte do depósito do filántropo José Fernández López en 1981. Durante o confinamento, a sorpresa chamou desde Polonia.

A Avogacía do Estado determinará como proceder, pero a vontade do museo é devolver os cadros da Dolorosa e do Ecce Homo aos seus propietarios lexítimos. Despois de permaneceren gardados durante uns anos, volven á sala de exposición.

O que aínda se descoñece é onde os adquiriu Fernández López, fundador de empresas como Pescanova e Zeltia. Pero esa é, de seguro, outra boa historia.

Noticias web

25/02/2021