CRTVG

Buscar

O mozo que levaba un coitelo no metro é cortador de xamón e ía ao traballo

Publicado o 19/03/2019 19:31

Os vídeos virais adoitan sorprender e o do mozo afiando un coitelo no metro de Madrid sorprendeu moito. E non só aos usuarios das redes, senón tamén as usuarios do vagón en cuestión. Máis que sorprendidos quedaron asustados.

Pois ben, que non se asuste ninguén, porque este mozo que tanta destreza demostra na arte de afiar xa foi identificado. Trátase dun cortador de xamón profesional que se dirixía ao traballo e aproveitou a viaxe en metro para ir preparando a ferramenta.

Noticias web

19/03/2019