CRTVG

Buscar

O mosteiro de Oseira dispón de 14 cuartos para compartir a vida monacal

Publicado o 28/06/2020 15:00

O mosteiro de Oseira reabriu a súa hospedería. Ofrece catorce cuartos dispoñibles para aqueles visitantes interesados en compartir a vida monacal dos once relixiosos que residen habitualmente no mosteiro. Tras meses pechados din celebrar con ledicia tamén a volta das visitas turísticas. 

Tras estes muros de Oseira o movemento quedou algo máis paralizado da conta nos últimos meses. Pero ese confinamento polo que pasamos non dista demasiado din do día a día do mosteiro.

A volta a esta especie de normalidade en que estamos permitiulles agora reabrir a hospedería e darlles de novo a benvida os visitantes. A resposta din, non puido ser mellor. Os catorce cuartos cos que contan estarán ocupados xa a vindeira fin de semana, e seguen recollendo reservas para os vindeiros meses. Haberá, iso si, algúns cambios.

O que non cambia din son os motivos que traen os hóspedes a este mosteiro: soidade, oración, silencio, participar na vida monacal, acudir aos rezos cos monxes. Si, tamén os que comezan ás catro da mañá.

Unha experiencia, din, de reflexión e recollemento que moitos aseguran, non dubidan en repetir.

Noticias web

28/06/2020