CRTVG

Buscar

O monte de Baroña, moito máis ca madeira

Publicado o 03/08/2020 15:48

A baixada dos prezos da madeira de piñeiro fixo que os comuneiros buscasen usos mais rendibles. Apostaron por resinar as suas plantacións vendendo a un euro o quilo de resina.

Tamén fixeron un couto micolóxico para regular a colleita de cogomelos e meteron cabras e cabalos para rozar e obter carne de calidade, como a destes chourizos de poldro de monte. Un monte diverso e sostible que é todo un orgullo para os veciños de Baroña.

Os comuneiros desta parroquia propuxéronse quitar partido dun monte que non estivese "a monte". Por iso, destas 900 hectáreas sae moito máis ca madeira.

Empregan 10 traballadores e logran a implicación dos veciños, que xa pensan en plantar froitos do bosque e facer unha granxa escola coa que seguir sumando atractivos ao seu monte.

Noticias web

03/08/2020