CRTVG

Buscar

O ministro de Transportes evita concretar a data da chegada do AVE a Galicia

Publicado o 03/03/2020 21:43

No Senado, o Partido Popular preguntoulle ao Goberno  polas subas das peaxes da AP-9 e pola súa transferencia. Respondeu o ministro de Transportes. José Luis Ábalos dixo que é partidario de que Galicia xestione a autoestrada. Ademais, a senadora do PP, Pilar Rojo, interpelou o ministro de Transportes a dar a data da chegada da alta velocidade a Galicia, pero  Ábalos evitou concretar pero dixo ser optimista.

"Estamos en marzo de 2020 e non se cumpriu o acordo político que marcaba finais de 2019 para a finalizacións das obras e inicio das probas. Data que vostede asumiu desde a súa chegada. Informe de forma oficial, clara, concreta e, sobre todo, veraz. O único que lles pido é que lle digan a verdade aos galegos e que non lle sigan mentindo", dixo Pilar Rojo, senadora do PP.

"O treito Pedralba-Ourense está inmerso nunha frenética actividade construtiva con todos os traballos contratados e aP. pleno rendemento e onde está planificado o inicio das probas para marzo de 2020.  Á vistas destas evidencias podemos concluír que procede ser optimistas e confiar en que o actual equipo de xestión consiga os obxectivos marcados", asegura José Luis Ábalos, ministro de Transportes.



 

Noticias web

03/03/2020