CRTVG

Buscar

O ministro de Agricultura trasládalle ao sector agrario que vai traballar "con firmeza" contra os aranceis dos EUA

Publicado o 08/10/2019 14:59

O ministro en funcións de Agricultura, Pesca e Alimentación cre que aínda hai marxe de negociación para evitar a entrada en vigor dos novos aranceis.

Así llelo trasladou Luis Planas aos representantes de organizacións agrarias, cooperativas e patronal do sector alimentario, que temen o impacto da medida anunciada polos Estados Unidos. Todos coincidiron na necesidade de facer unha defensa firme a nivel europeo para evitar os prexuízos dos novos aranceis, que poden ter un impacto de 1.000 millóns de euros sobre as exportacións agroalimentarias españolas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019