CRTVG

Buscar

O Ministerio rexistra 8.964 novos casos en España, 3.168 nas últimas 24 horas

Publicado o 08/09/2020 19:01
O Ministerio rexistra 8.964 novos casos en España, 3.168 nas últimas 24 horas

O Ministerio de Sanidade rexistrou 8.964 casos da covid-19, dos cales 3.168 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, en comparación cos 2.440 deste luns. En total xa se diagnosticaron de covid-19 534.513 persoas en España.

O novo informe publicado polo departamento dirixe Salvador Illa rexistrou 78 falecidos máis, 261 na última semana. Así, a cifra actual de falecidos elévase aos 29.594.

Ademais, nos últimos 7 días rexistráronse 1.953 ingresos hospitalarios (137.863 desde que o virus chegou a España) e 166 en Unidade de Coidados Intensivos (UCI), sendo 12.615 as persoas que foron ingresadas nestas unidades desde que comezou a pandemia.