CRTVG

Buscar

O Ministerio rexistra 10.853 novos casos de covid-19 e 294 falecidos

Publicado o 27/11/2020 18:16
O Ministerio rexistra 10.853 novos casos de covid-19 e 294 falecidos

As comunidades autónomas notificaron este xoves ao Ministerio de Sanidade 10.853 casos de covid-19, dos que 5.008 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, en comparación aos 5.073 rexistrados o mércores, elevándose a cifra global de persoas infectadas por coronavirus ás 1.628.208.  A incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días sitúase nos 307,30 casos por cada 100.000 habitantes.

O departamento que dirixe Salvador Illa notificou este xoves 294 máis, 1.177 na última semana. Isto fai que a cifra global de mortos por coronavirus en España sexa xa de 44.668 persoas. 

Actualmente hai 14.819 pacientes ingresados e 2.777 nunha UCI. Nas últimas 24 horas rexistráronse 1.367 ingresos e 1.780 altas. Ademais, na última semana 189.513 persoas ingresaron nun hospital como consecuencia da infección provocada polo contaxio do coronavirus e 15.964 nunha UCI. A taxa de ocupación de camas ocupadas sitúase actualmente no 11,95 por cento e na UCI no 28,44 por cento. 

Noticias web

27/11/2020