CRTVG

Buscar

O Ministerio informa de 9.419 novos contaxios de covid−19 e 182 mortos máis

Publicado o 01/10/2020 18:20

O Ministerio de Sanidade notificou este xoves 9.419 casos da covid−19, dos cales 3.715 foron diagnosticados nas últimas 24 horas. A cifra global de persoas infectadas por coronavirus sitúase en 778.607.

Canto ao número de falecidos, o departamento que dirixe Salvador Illa rexistrou hoxe 182 máis, 547 na última semana. Isto fai que a cifra global de vítimas mortais en España se eleve ás 31.973 persoas.

Actualmente hai 10.867 pacientes ingresados por covid−19 en toda España e 1.561 nunha UCI. Nas últimas 24 horas producíronse 1.280 ingresos e 1.233 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase xa no 9,24 por cento e no 18,13 por cento nas UCI.