CRTVG

Buscar

O mércores chega unha onda de calor da que se salva Galicia

Publicado o 24/06/2019 18:59

A primeira vaga de calor do ano vai chegar este mércores, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía.

Ao parecer, a partir dese día entra unha masa de aire quente procedente de África que vai elevar os termómetros de boa parte da Península e Baleares ata por riba dos 40 graos. Amais, chega con po en suspensión. Iso si, Ceuta, Melilla Asturias e Galicia quedan fóra desa onda de calor africana e aquí non será para tanto, segundo as previsións da AEMET.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019