CRTVG

Buscar

O mercado ambulante de Pontevedra retoma a súa actividade

Publicado o 16/05/2020 15:08



A boa organización da que fala esta clienta, Dora, neste regreso á feira de Pontevedra do paseo Rafael Areses, que levaba parado nove semanas, baséase na hixiene das mans e na distancia entre postos de 3,5 metros. Ademais, hai dous carrís para que os compradores non se crucen.

O concello de Pontevedra optou por ampliar a superficie deste mercado para poder separar os postos e que ningún dos seus vendedores quedase sen a posibilidade de instalarse este sábado.

 

Noticias web

16/05/2020