CRTVG

Buscar

O mellor profesor do mundo dá clase nunha remota escola de Kenya

Publicado o 26/03/2019 17:40

O seu hábito franciscano, cos tres nós na corda que o cingue, os da pobreza, a castidade e a obediencia, eran toda unha declaración de principios no fastoso escenario en que se entregou en Dubai o Global Teacher Prize, un recoñecemento ao mellor mestre do planeta. Sería imposible discutir a elección de Peter Tabichi, de 36 anos, que ademais de monxe dá clase de matemáticas e ciencia nunha remota aldea do val do Rift, en Kenya.

Alí, onde o 95% da poboación é pobre, e non na ostentosa Dubai, é onde o labor de Peter cobra sentido. Cada mes doa o 80% do seu soldo. A súa fe fai o resto. Nunha escola con 58 alumnos por clase, un único ordenador e unha pobre conexión a Internet, acadaron o Premio Nacional de Ciencias e o equipo de matemáticas clasificouse para un torneo científico en Arizona. Será entón cando Tabichi suba por segunda vez a un avión. A primeira, naturalmente, foi a Dubai. Vestido co seu hábito.

Noticias web

26/03/2019