CRTVG

Buscar

O mellor día para ver as perseidas é na madrugada do xoves

Publicado o 10/08/2020 20:37

As perseidas son en realidade fragmentos de po do cometa Swift Tuttle. A velocidade coa que estas partículas entran na atmosfera dálle luminosidade, polo que teñen aspecto de estrelas fugaces.

"Esas pequenas partículas entran na atmosfera, vólvense incandenscentes no seu contacto coa atmosfera entón é cando as vemos e chamámoslle coloquialmente chuvia de estrelas fugaces", di Bibiana García Visos.

A máxima actividade das perseidas espérase na noite do mércores ao xoves . Nun escenario ideal poderíamos chegar a ver ata cen nunha hora. O mellor é velas a simple vista e ter un pouco de paciencia.

"Sempre temos que mirar cara ao nordés, cara ao nordés cando se pon o sol se miramos un pouquiño por riba da liña do horizonte veremos unha constelación que se chama Casiopea, que é moi recoñecible porque ten forma de W. Entón debaixo de Casiopea está outra constelación que se chama Perseo, entón todas as perseidas parecen saír de aí", sinala Bibiana García Visos.

Iso si, o horizonte ten que estar o máis despexado posible, así que veremos as perseidas se as nubes nolo permiten.

Noticias web

10/08/2020