CRTVG

Buscar

O medo a quedar fóra do grupo xera ansiedade nos adolescentes ante as RRSS, din os expertos

Publicado o 13/01/2019 18:54

Os propios gurús tecnolóxicos de Sillicon Valley, Google, Facebook, limitan o usa da tecnoloxía aos seus fillos na escolas. Nunha carta aberta, dous accionistas maioritarios de Apple en 2018 mostrábanse preocupados pola adicción dos menores aos dispositivos móbiles. A psicoloxía é catégorica. Non se enganchan á tecnoloxía, senón á mensaxería instantánea e ás redes sociais.

Antonio Rial Boubeta, profesor de Psicoloxía da USC: "Precisamente, o peor que lle pode pasar a un adolescente é non ser recoñecido no grupo, quedar fóra do grupo. E ese medo, con esa constante interacción, fai que estean sempre vulnerables e dependendo do recoñecemento, dun 'gústame'. É algo que os fai consumidores intensivos da rede, algo que se instala progresivamente nas súas rutinas e que termina por romper esa rutina e distorsionando a vida familiar e o seu funcionamento psicolóxico e cognitivo".

Fomenta condutas impulsivas, de ansiedade e a propia Organización Mundial da Saúde relaciónao co aumento das taxas de depresión infantil e xuvenil.

Antonio Rial Boubeta, profesor de Psicoloxía da USC: "Se pensamos que o que engancha da mensaxería e das redes sociais é o medo a quedar fóra temos que prover os nosos fillos das ferramentas para que se sintan igualmente valorados, importantes e realizados sen estar dependendo todo o tempo dun 'gústame' nunha rede social. E isto faise con moito traballo, con moita paciencia e con moito tempo".

Noticias web

13/01/2019