CRTVG

Buscar

O Mecalia supera o Zalguiris e xa está nos cuartos da Challenge Cup

Publicado o 02/02/2020 20:54

Confirmouse a clasificación do Mecalia Gardés para os cuartos de final da Challenge Cup. O partido de volta dunha eliminatoria que viviu os seus dous episodios na Sangriña acabou con empate a 34. Foi un partido igualado contra o Zalguiris que chegou ao descanso con vantaxe dun so gol para as de José Ignacio Prades. Pero a clasificación non perigaba, logo da renda de sete tantos que acadaran onte no partido de ida. Os problemas institucionais que atravesa o equipo guardés non se reflicten no parqué.
Os posibles rivais en cuartos serán o Lokomotiva de Zagrev, o Madeira portugués, o Granollers, o ZRK Naisa Nis serbio, o ZRK Bjelovar croata ou o JuRo Unirek dos Países Baixos

Noticias web

02/02/2020