CRTVG

Buscar

O Mecalia queda ás portas da remontada na Challenge Cup

Publicado o 08/03/2020 21:22

Un parcial de catro a un nos últimos minutos deixou o Mecalia Atlético Guardés sen opcións de disputar as semifinais da Challenge Cup.

O cadro pucelano chegou a Sangriña con catro goles de vantaxe, conseguidos no encontro de ida, e manexou esa renda con comodidade durante a primeira metade e boa parte da segunda; só nalgúns momentos o cadro de José Ignacio Prades deu a sensación de poder dar a volta á eliminatoria. Un doce a nove, no reinicio do encontro, fixo crer a afección guardesa, que unha vez máis estivo a altura do evento continental.

Con 20 a 18 no taboleiro de marcas, as xogadoras do equipo galego tiveron que arriscar, e por aí chegaron algúns erros defensivos moi importantes que aproveitaron as xogadores de Miguel Ángel Peñas, pero en ataque non daban precisado os pases para acabar as xogadas. As locais estrañaron a África Sempere, e as visitantes tiraron de oficio e mesmo acabaron empatando o partido a 23 goles.

Noticias web

08/03/2020