CRTVG

Buscar

O Mecalia estará na fase final da Copa da Raíña e o Porriño queda eliminado

Publicado o 15/02/2020 23:14

O Mecalia Guardés certificou a súa presenza na fase final da Copa da Raíña que se celebrará no mes de abril (entre o 24 e o 26) en Alhaurín de la Torre. O equipo da Guarda xa gañara en Tenerife por 26-27 e acadou un triunfo incontestable no partido de volta por 30-15. Non tivo a mesma sorte o Conservas Orbe Porriño que viaxou a Xixón con opcións mínimas logo de perder na ida por dez goles de diferenza. Coa mente posta na liga e en buscar a salvación o partido en terras asturianas acabou sendo un trámite (29-21). 

Os oito equipos clasificados son o Málaga como organizador, Bera Bera como vixente campión e os seis que acadaron o pase: Mecalia Guardés, Rocasa Gran Canaria, Granollers, Elxe, Aula de Valladolid e Xixón.

Noticias web

15/02/2020