CRTVG

Buscar

O Mecalia empata a 23 na Sangriña co Liberbank Xixón

Publicado o 29/12/2019 15:54
O Mecalia empata a 23 na Sangriña co Liberbank Xixón

No balonmán feminino o Mecalia empatou a 23 na Sangriña co Liberbank Xixón. Era un dos grandes partidos da xornada.

As galegas foron case todo o encontro por diante cunha renda máxima de seis goles a favor no primeiro tempo. A seis minutos do final gañaban por 23-21 pero apagóuselles a luz en ataque e non volveron marcar e as asturianas empataron. Con todo, Carla Gómez tivo un último disparo para que a vitoria quedase na Guarda. Marcou pero os árbitros decretaron que era fóra de tempo.

Pola súa banda, o Porriño caeu en Málaga pola mínima 30-29.
 

Noticias web

29/12/2019