CRTVG

Buscar

O martes remata o período de negociación dado por Alcoa previo á execución do ERE

Publicado o 02/08/2020 21:32

Semana crucial esta que entra para Alcoa San Cibrao. Os traballadores manteñen a esperanza de que a multinacional paralice o ERE co que pretendería despedir 534 traballadores da factoría da Mariña. Hoxe hai dúas xuntanzas importantes. Ás dez da mañá, xuntanza entre a direción de Alcoa e o comité de empresa. José Antonio Zan, presidente do comité, dixo nos Bos días, xusto antes de entrar a xuntanza que ían seguir reclamando "que non paren as cubas", como quere a dirección de Alcoa porque iso significaría posteriormente "unha venda frustrada" porque ningúen quere unha empresa de alumninio coas cubas paradas.

José Antonio Zan tamén dixo que van pedir que se pare "o expediente de regulación de emprego". Negociacións que en princpio rematan mañá martes.

A dirección de Alcoa está previsto que informe os representantes dos traballadores como se están desenvolvendo as conversas con Liberty House.

Tras a xuntanza con Alcoa, está preivisto que os traballaores se traskaden a Santiago para reunise co Goberno galego e despois con representantes de Liberty House, a multinacional interesada en comprar a planta.

O comité europeo de Alcoa enviou onte o seu apoio aos traballadores mariñaos asegurando que o cese na produción traería graves consecuencias sociais e económicas para a zona, apoiando tamén que non se pechen as cubas polo prexuízo que suporía.

Noticias web

02/08/2020