CRTVG

Buscar

O Mars 2020, o vehículo co que a NASA agarda descifrar Marte

Publicado o 28/12/2019 13:03

Científicos da NASA presentaron o Rover Mars 2020, o vehículo que se lanzará a Marte en xullo do próximo ano e que non só buscará rastros de vida no planeta, senón que servirá para avanzar futuras misións humanas.
Está previsto que, de se cumpriren os prazos, o Rover Mars chegue á superficie do planeta vermello en febreiro de 2021.
Entre as misións que leva está a de recoller elementos que piodan dar pistas sobre a xeoloxía e o contexto químico de Marte, tamén permitirá coñecer se é posible producir oxíseno, para o seu posible retorno e para unha potencial misión humana. O Rover Mars 2020 leva tamén un helicóptero no seu interior para ver se é posible voar nese planeta.
 

Noticias web

28/12/2019