CRTVG

Buscar

O mar devolve a documentación dun dos heroes do Orzán

Publicado o 19/11/2019 15:33

Unha carteira de coiro, algo deteriorada pola erosión do mar, unha placa metálica de policía e un carné profesional. Este último en bo estado, tanto que permite ver a quen pertence: o seu nome, Xabier López López, xa forma parte da historia, porque el é un dos heroes do Orzán.

Son restos que acaban de aparecer no areal a piques de facer xa oito anos da traxedia en que morreron tres policías e un estudante eslovaco. Foi unha veciña quen os atopou mentres paseaba co seu can.

Por desexo da familia, a documentación pasará a formar parte do Museo da Policía de Galicia, no cuartel de Lonzas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019