CRTVG

Buscar

O Manchester City destapa as carencias do Real Madrid (1-2)

Publicado o 26/02/2020 23:20
O Manchester City destapa as carencias do Real Madrid (1-2)

O Manchester City puxo ao descuberto as carencias do Real Madrid e encamiñou o seu pase aos cuartos de final da liga de Campións cunha remontada de dous goles en cinco minutos, xusto cando o conxunto de Zinedine Zidane parecía que podía acudir ao Etihad con vantaxe.

OO Real Mafrid non perdeu a eliminatoria aínda, pero está abocado a unha vitoria en Manchester por máis dun gol ou por un triunfo superior ao 1-2. Ademais, terá que facelo sen o seu capitán, Sergio Ramos, que acabou expulsado ao frear a Gabriel Jesús cando escapaba.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí