CRTVG

Buscar

O maior consumo de gasolina eleva o seu prezo ata os 11 céntimos por riba do gasóleo

Publicado o 05/08/2019 21:14

O maior consumo de gasolina eleva o seu prezo ata os 11 céntimos por riba do gasóleo. Esta suba chega da man do aumento nas matriculacións de vehículos que funcionan con este tipo de combustible.

Pode que as dúbida arredor da futura regulamentación dos automóbiles diésel influísen nos compradores. O certo é que, entre xaneiro e xullo, case o 62% dos coches que se matricularon en España son modelos de gasolina.

Paralelamente, nos últimos tres meses, o prezo da gasolina experimentou un incremento moi superior ao que viña rexistrando o diésel nas estacións de servzo. Co inicio de agosto, esta diferenza chegou aos 11 céntimos, unha das distancias mais elevadas que mantiveron ambos combustibles historicamente. Os consumidores reaccionan con resignación.

"Xa estamos acostumados", di este condutor, ou "o problema é a falta de control", comenta outra muller.

Galicia segue estando entre as comunidades autónomas coa gasolina máis cara, aínda que a diferenza de prezos entre territorios se reduciu desde que o pasado 1 de xaneiro se equiparara o tramo autonómico do imposto sobre hidrocarburos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/08/2019