CRTVG

Buscar

O Real Madrid empata no Bernabeu e pasa aos oitavos da Champions, mentres que o Atlético complica a súa clasificación

Publicado o 27/11/2019 07:51
O Real Madrid empata no Bernabeu e pasa aos oitavos da Champions, mentres que o Atlético complica a súa clasificación

O Real Madrid e o París Saint Germain empataron a dous nun partido que se lle puxo totalmente de cara aos locais despois de que o francés Karim Benzema culminase o seu dobrete no minuto 79, pero tras isto desinflouse e o conxunto galo anotou dous goles en dous minutos e puxo as táboas no marcador.

En Turín o Atlético de Madrid perdeu co Juventus por 1-0. O gol do conxunto italiano, obra de Dybala.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí