CRTVG

Buscar

O luns suspéndense os permisos para queimas controladas

Publicado o 28/06/2019 19:32


Carlos Sanmiguel, axente medioambiental, recibe o aviso dun lume que se observa desde a torre de vixilancia: "Vale, recibido, vou para alí que estou preto"

Unha vez alí, comproba que se trata dunha queima de restos forestais que require unha autorización específica, máis estrita que a queima de restrollos agrícolas. Xa antes de facer a queima, un axente ten que desprazarse á zona para comprobar que reúne as condicións: "Todas as queimas teñen que ter devasa perimetral, un espazo libre de vexetación en torno á queima, non se debe facer en días de vento, sempre estar mínimo dúas persoas pola perigosidade...", explica Carlos Sanmiguel.

En caso facer a queima sen autorización, hai un dobre risco: a sanción, que adoita subir dos trescentos euros ou que se provoque un incendio, co que as consecuencias serían moito máis gravosas: "Ademais da sanción, teñen que facer fronte aos costes de extinción e iso si que é un gravámen moi alto"

Unha hora de traballo dun helicóptero de extinción son 3.000 euros. No caso dos hidroavións, ascende aos 6.000 euros a hora.

Noticias web

28/06/2019