CRTVG

Buscar

O luns comezan o curso 148.000 estudantes de ESO, bacharelato e ensino de réxime especial

Publicado o 13/09/2019 18:52
O luns comezan o curso 148.000 estudantes de ESO, bacharelato e ensino de réxime especial

148.000 estudantes de ESO, bacharelato e ensino de réxime especial comezan o curso o luns que vén. Segundo a Consellería de Educación, a matriculación mantense invariable con respecto ao ano pasado, pero aínda non está pechada porque houbo exames de recuperación aínda a semana pasada. Uns 90.000 alumnos corresponden á ESO, uns 30.000 ao bacharelato e o resto comezan o curso no ensino de réxime especial. Faltan por pecharse os datos de Formación Profesional xa que a matrícula aínda está aberta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019