CRTVG

Buscar

O Luns Borralleiro de Laza é a gran cita para este día nas celebracións do Entroido

Publicado o 24/02/2020 14:33

Antes de somerxirse na loucura, xa hai sinais de que algo se coce na Picota.

Pero... que busca toda esta xente aquí? Que lóxica ten embolleirarse dos pés á cabeza? A chegada da bañeira coa terra e os farrapos a que marca a hora de inicio, sempre allea ao programa oficial das festas.

E comeza a batalla. A fronte é unha liña imaxinaria no medio da Picota. Os de arriba, contra os de abaixo. Tamén hai que pelexa na retagarda, e ata quen observa desde a barreira, pero os farrapos chegan a todas partes.

Non dura moito a farrapada, só mentres duren os folgos, pero vívena con intensidade. Semella que máis que manchar, os farrapos limpan.

E malia que é o día grande en Laza, noutros recunchos da provincia de Ourense tamén seguen coa troula do Entroido.

En Xinzo non hai descanso, mañá, tarde e noite, en calquera momento do día hai ambiente e charangas pola rúa. Os disfraces máis divertidos aparecen en escena para o goce de veciños e visitantes. Se por algo destaca este Entroido, ademais de polas súas tradicionais pantallas, é pola paixón que os veciños lle poñen a esta festa. Este ano en Xinzo de Limia locen con orgullo a declaración como festa de interese turístico internacional. Trátase do primeiro Entroido galego que recibe esta distinción.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2020