CRTVG

Buscar

O luns, a RFEF sorteará o calendario do fútbol profesional e perfilará a Segunda B

Publicado o 30/08/2020 19:07
O luns, a RFEF sorteará o calendario do fútbol profesional e perfilará a Segunda B

O luns será un día chave para a temporada 2020/21. A partir das 18:30 horas sortearanse os calendarios de Primeira e Segunda División.

Tamén se tomarán decisións sobre a Segunda División B. Está convocada unha xuntanza do presidente da RFEF, Luis Rubiales, cos presidentes das federacións territoriais para avanzar nas datas e a distribución de grupos para a vindeira temporada.

Todo apunta a que o grupo en que van estar os seis equipos galegos é con asturianos e castelán-leoneses. Con todo, non queda claro que os seis representantes do noso fútbol (Deportivo, Coruxo, Pontevedra, Rácing de Ferrol, Celta B e Compostela) acaben no mesmo subgrupo de 10.