CRTVG

Buscar

O lume arrasa o estado de California nunha vaga de calor e seca

Publicado o 08/09/2020 16:03

O estado de California sofre unha vaga de incendios que, a estas alturas do ano, xa superou a triste marca de hectáreas queimadas, unhas 840.000 no que levamos de ano.

Esta fin de semana declaráronse máis de 20 focos, en tres áreas do centro e do sur do estado, que afectan zonas próximas a cidades como Fresno ou San Diego.

Milleiros de persoas tiveron que ser evacuadas e, polo de agora, o lume avanza sen control favorecido pola seca e por unha vaga de calor que rexistra temperaturas superiores aos 40 graos.

Noticias web

08/09/2020